Turismo Rural no Corazón de Galicia
Galego
O Entorno
Casa Quinto está na aldea de Viladomonte, concello de Sobrado dos Monxes, na provincia da Coruña.

Viladomonte é unha aldea pequena de cinco casas onde viven varios veciños. A aldea está rodeada de pastos verdes, pequenos ríos, hortas... A menos de 1 km pódese visitar o  Rio Mandeo que xunto co Tambre nacen na Comarca; a 3 Km está a Lagoa Municipal e a 4 km o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e o asentamento romano A Cidadela a uns 6 km.

As cidades de Santiago de Compostela, Coruña e Lugo quedan a menos de 1 hora en coche e en menos de 2 horas pódese chegar a Vigo, Ourense e Pontevedra.

A praia que está máis cerca é a Praia Grande de Miño que está a uns 40 minutos en coche. A Praia das Catedrais, na foto de abaixo, e moi bonita pero está a unha hora e pico.
 
Vign_praia-das-catedrais
Fotos del Entorno
Create a website with WebSelf