Turismo Rural no Corazón de Galicia
Galego
A Casa
Casa Quinto ten dous andares. No primeiro hai un amplo espazo aberto con lareira, salón-comedor, sala, aseo  cociña e un dormitorio habilitado para persoas con mobilidade limitada.

No segundo andar dous dormitorios dobres.

Ademáis a casa ten dúas camas supletorias para acoller a un máximo de 8 persoas.

A cociña está equipada con todos os electrodomésticos e utensilios de cociña: cociña, forno, microondas, neveira, lavalouzas e vaixela completa.

Os dormitorios dous son de cama de matrimonio e o outro ten dúas camas xemelgas. Facilítase toda a roupa de cama e toallas.

A casa ten calefacción central e hai un alpendre exterior onde se atopa a lavadora, tendedeiro e xoguetes para uso dos nenos.

No xardín hai unha grella, mesas e bancos de pedra, ademais de columpios, tobogán, balancín e casiña para que os máis pequenos poidan xogar mentras os maiores preparan a comida ou conversan á beira do lume.
Servizos
Adaptada a persoas con movilidad limitada| Aparcadoiro | Xardín / Horta | Camas supletorias | Salón-Comedor | cociña | alpendre | Lavadora dispoñible | Xogos e xoguetes | Televisión | Prohibido fumar | Fálase inglés.
Imágenes de Casa Quinto
Create a website with WebSelf